A Rede galega de promoción da saúde (REGAPS) e a coordinadora de Quérote+ comezaron a reunirse nos últimos meses nas diversas sedes galegas para establecer iniciativas coas que achegar á sociedade ferramentas para poder levar estilos de vida saudables.
Entre as posibles colaboracións destacan actividades no ámbito do benestar emocional, da prevención de adicións, da saúde sexual ou a incorporación de recursos ao mapa de activos Atopa Saúde, onde localizar opcións para exercitar a saúde física e mental.
Estes encontros leváronse a cabo entre o persoal da Consellería de Sanidade e de Quérote+ a nivel local para ofrecer solucións á cidadanía da forma máis próxima posible.