O SERGAS PUBLICA OS ASPIRANTES SELECCIONADOS NO CONCURSO DE MÉRITOS NAS CATEGORÍAS DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS E TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 02 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería, relativo á baremación definitiva e á publicación dos aspirantes definitivamente seleccionados. Son un total de 17 persoas aspirantes seleccionadas na categoría de persoal de servizos xerais e 277 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería. 

Ofértanse, mediante o sistema de concurso de méritos 17 prazas para a categoría de persoal de servizos xerais, das cales 15 corresponden á quenda de acceso libre e 2 a de discapacidade xeral e 277 prazas para a categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería, das cales 254 corresponden á quenda de acceso libre e 23 á de discapacidade xeral. Inclúese en dito anexo a puntuación desagregada nos distintos apartados do baremo e os datos numéricos utilizados nos criterios de desempate.

Estas 294 prazas engádense ás 985 prazas ofertadas mediante o sistema de concurso-oposición para estas dúas categorías de persoal estatutario, correspondendo 196 á categoría de persoal de servizos xerais e 789 á categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería, que realizaron o exame da fase de oposición no pasado mes de novembro, e das cales xa se publicaron as puntuacións provisionais da fase de oposición.

O 93,2 % das persoas participantes neste proceso selectivo son mulleres.

A lista coa puntuación definitiva da fase de concurso atópase publicada, por orde de puntuación e quenda de acceso, a disposición dos usuarios na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o resultado da baremación definitiva pode ser consultado no apartado de procesos en FIDES/expedient-e. 

Coa publicación desta resolución ábrese o prazo dun mes, que finaliza o próximo 21 de marzo, para que os aspirantes seleccionados presenten a seguinte documentación: declaración de non ter sido separado do servizo mediante expediente disciplinario de calquera servizo de saúde ou Administración pública, certificado médico, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual e a declaración de non ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría correspondente. 

Os aspirantes da quenda de discapacitados, de ser o caso, deberán presentar ademais a documentación que acredite que seguen mantendo esta condición.

Co obxecto de facilitar a súa presentación, porase a disposición dos aspirantes, na páxina web do Servizo Galego de Saúde no apartado de emprego público, os modelos de declaración e de autorización de consulta de datos no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos.

Deberán presentar a documentación indicada, tamén os aspirantes de reserva que figuran no anexo II da resolución que hoxe se publica, en previsión de que algunhas das persoas aspirantes seleccionadas non poidan ser nomeadas por non aportar a documentación requirida, dotando así dunha maior axilidade ao proceso, ao contar así xa coa documentación dos que poderían ser novos seleccionados, evitando ter que abrir un novo prazo que ampliaría o proceso nun mes mais.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico onde os aspirantes poden dirixir dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde