O SERGAS DARÁ COBERTURA SANITARIA AOS 56 MENORES RUSOS QUE PASARÁN AS VACACIÓNS DE VERÁN EN GALICIA, NO MARCO DO PROGRAMA DE ACOLLIDA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 06 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle esta semana ao presidente da Asociación Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo González, os documentos acreditativos (resolución e tarxetas) que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional a un total de 56 menores rusos que se desprazarán a Galicia dentro do programa de acollida organizado pola devandita entidade.

Dende hai anos, decenas de familias galegas acollen nos seus fogares a menores rusos procedentes de casas de acollida e familias tuteladas, afectados pola radiación nuclear consecuencia do accidente da central de Chernóbil. Este anos, os menores, de idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos, pasarán as súa estadía en Galicia, a través do programa de acollemento temporal para vacacións e mellora da saúde organizado pola Asociación Ledicia Cativa, do 29 de xuño ata o 29 de agosto, ambos inclusive.
 
Dende o Sergas dáselle cobertura sanitaria aos nenos e nenas e as prestacións que se lles ofrece abarcan a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas.
 
A atención primaria comprende a atención sanitaria nas consultas, servizos e centros de saúde; a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos; as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; e ademais, programas de atención á infancia e a urxencias.
 
Na atención especializada están incluídas a asistencia ambulatoria especializada en consultas, que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores; a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica, a obstétrica e a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización.
 
En canto á prestación farmacéutica, a colaboración establecida inclúe a dispensación prestada en réxime de internamento e a prescrita en réxime extrahospitalario.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss