O CONSELLEIRO DE SANIDADE VISITA AS OBRAS DO FUTURO CENTRO DE SAÚDE DE NARÓN QUE SUPÓN UN INCREMENTO DE PRETO DE 1.800 METROS CADRADOS RESPECTO DO ACTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 12 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá as obras do novo centro de saúde de Narón. Na actualidade, xa está un 32% executado, e, a pesar dos problemas iniciais co terreo e as chuvias destas semanas, estímase que co ano novo estea finalizada a estrutura.

O novo centro de saúde de Narón, cun investimento de adxudicación vixente por parte  da Xunta de Galicia de 5.535.985 euros, incluíndo a unidade de radioloxía, sitúase nunha parcela de 6.142 m2, cedida polo Concello ao Sergas. A nova infraestrutura sanitaria terá unha superficie construída de 4.312 metros cadrados, o que supón un incremento de preto de 1.800 metros cadrados respecto do centro actual, infraestrutura que será cedida ao Concello para usos sociais.
 
O Servizo Galego de Saúde informaba tamén en marzo deste ano que o novo centro de saúde de Narón contará cun espazo para Radioloxía simple, aumentando así a carteira co diagnóstico por imaxe. Esta prestación engadíase respondendo á solicitude dos  profesionais, e actívase en base aos criterios técnicos que determina esta tipo de servizo nos centros de saúde, como o número de poboación ou a frecuentación.
 
Más espazos e máis amplos
O edificio, con entradas diferenciadas para os peóns, ambulancias e urxencias, contará cun total de 16 espazos asistencias máis que o actual centro, e constará de dous andares e un semisoto. Atenderá a unha poboación de 35.000 persoas no centro de saúde e preto de 45.000 no PAC. No semisoto, xunto cos espazos de instalacións e mantemento, haberá un acceso aberto para as ambulancias, vestíbulo de urxencias, e o Punto de Atención Continuada (PAC), con 3 consultas para medicina, 3 para enfermaría e 1 sala de reanimación e observación. Tamén espazos propios para os profesionais e vestiarios.
 
No andar baixo, un vestíbulo con espazo para cadeiras de rodas e recepción con 8 postos. Unha área de Pediatría, con 4 consultas de medicina e 4 de Enfermería; unha área de Rehabilitación e Fisioterapia, cunha consulta e unha sala de fisioterapia de 100 metros cadrados, con aseos adaptados; unha área de Odontoloxía con consultas para Odontoloxía e hixienista dental; e unha sala de mostras con 8 puntos de extracción e sala de técnicas e curas. Tamén espazos para administración e persoal con sala de xuntas.
 
Xa no primeiro andar, as instalacións disporán dunha área médica de 14 consultas de medicina xeral, 12 de enfermería, 4 consultas de docencia, e 2 de farmacia, ademais de 2 salas de técnicas e 4 salas polivalentes. Unha área da muller cunha consulta de Xinecoloxía, consulta de matrona, sala de educación en saúde e vestiario.
 
En definitiva, un centro cunha completa carteira de servizos da que se beneficiará a poboación do Concello de Narón, e a que se corresponde co Punto de Atención Continuada tamén dos Concellos de Neda e Valdoviño.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss