O PLAN DE SAÚDE MENTAL POTENCIA E ACTUALIZA A ATENCIÓN DAS PERSOAS QUE SUFREN ESTES TRASTORNOS, AVANZANDO NA INVESTIGACIÓN E NA PREVENCIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
07 07 2020
 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou hoxe, de xeito telemático, a profesionais do ámbito da saúde mental, o Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 para o periódo 2020-2024, un plan que, tal e como remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, é froito do traballo dun gran número de profesionais da saúde mental, da Administración, e das entidades representantes de pacientes con trastornos mentais.

O conselleiro dixo que é necesario potenciar e actualizar a atención á saúde mental en Galicia, dotala de profesionais e recursos, avanzar na investigación e na prevención, e, sobre todo, prestar especial atención aos máis vulnerables, que son os que máis están a sufrir nesta crise.
 
O responsable sanitario lembrou que o Plan, que conta cun orzamento de 83 millóns de euros, reafirma o compromiso do Goberno galego coa mellora da calidade de vida das persoas que sofren de trastorno mental, coas súas familias e os seus achegados. En realidade é un compromiso con toda a sociedade galega, -remarcou Almuiña-.
 
O acto contou coa presenza do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, así como de José Manuel Olivares Díez, xefe do servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Vigo e vogal da Sociedade Española de Psiquiatría; de Rafael Álvarez Martínez, membro da Comisión Técnica da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES); e de Laura Jardón Golmar, vogal da Asociación Española de Enfermería de Saúde mental (AEESME) e enfermeira especialista en saúde mental.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss