Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a
fin de semana a 17 persoas debido a 14 accidentes de tráfico
ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende
desde as 15,00 horas do venres, 19 de febreiro,
ata as 23,59 horas do domingo, 21 de febreiro. Os días que
rexistraron
máis incidentes foron
o sábado e o domingo con cinco sinistros de tráfico ambos os dous.
A Central
de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 21 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 14 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061 que atendeu un total de 17 persoas. A proporción
de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente.
Nas idades dos feridos, obsérvase que o 47% dos atendidos tiña
entre 20 e 44 anos.
Por
provincias, Pontevedra
foi a máis sinistros rexistrou con sete accidentes de tráfico
durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
6
|
Lugo
|
1
|
Ourense
|
0
|
Pontevedra
|
7
|
Galicia
|
14
|
Os
recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as
chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 19. As ambulancias
asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 16 sinistros
e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a
dotación destas ambulancias, no caso de necesitalo, prestaron
asistencia sanitaria en tres accidentes.
En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, nunha ocasión atendeuse no propio lugar do
incidente e unha persoa faleceu no punto.