ADOS CONVIDA Á CIDADANÍA GALEGA A DOAR SANGUE PARA POSIBILITAR UN MAIOR LABOR ASISTENCIAL DOS HOSPITAIS GALEGOS 11 11 2021
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), invita á cidadanía galega a doar sangue, en especial aos doantes do grupo Cero Negativo. Ademais, a volta á normalidade nos hospitais galegos vai propiciar un aumento das intervencións cirúrxicas en todas as especialidades e a conseguinte demanda de compoñentes sanguíneos dos centros sanitarios de Galicia, polo que é preciso a colaboración e xenerosidade de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.
Este mes de novembro remata a primeira fase da campaña de doazón universitaria, que unido aos períodos vacacionais e ás pontes festivas do vindeiro mes de decembro, precisan dun reforzo na participación dos cidadáns, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios.
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:
DATA |
CONCELLOS |
Xoves 11 de novembro |
Ferrol, A Coruña, ,Santiago, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía, Cangas do Morrazo,
Gondomar, Lugo, Sober, Ferreira de Pantón, Maside |
Venres 12 de novembro |
Ferrol,Arteixo, A Coruña, Noia, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía, Vigo, Cangas do Morrazo, Meira, Xinzo de Limia, |
Sábado 13 de novembro |
Ferrol, Arteixo, Noia, Pontevedra, Vigo, Lugo |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
|
HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL |
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO |
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE |
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA |
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
ADOS Lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.
|
|