O
obxectivo é potenciar a capacidade resolutiva do Hospital Público
de Valdeorras que dispón xa de novo equipamento radio-cirúrxico
para uso intraoperatorio
Na
liña de compromiso coa autonomía asistencial que manifestou onte o
Conselleiro de Sanidade no Barco hoxe mesmo contratouse a un cuarto
xinecólogo que se suma aos dous novos cirurxáns
O
Barco de Valdeorras, 26 de novembro de 2021.-
Esta
mesma semana os técnicos de electromedicina deixaban instalado e
operativo o novo ecocardiógrafo que permitirá realizar algunhas das
probas cardiolóxicas que se indican aos pacientes oncolóxicos, a
tratamento directamente no Hospital Público de Valdeorras, polo que
a partir de agora xa non terán que desprazarse desde O Barco.
Xunto
a este equipo ven de instalarse un novo ecógrafo xinecolóxico que,
dotado con software de última tecnoloxía, e tres sondas, permite a
realización de estudos de mama, complementando as mamografías,
ademáis doutras probas xinecolóxicas e tamén de seguemento do
embarazo.
Estes
dous equipos forman parte dunha relevante dotación tecnolóxica do
Hospital Público de Valdeorras, na liña de potenciar a sobrada
capacidade resolutiva do seu persoal e autonomía, que o levou a ser
un dos centros hospitalarios de distrito que asumíu, con calidade e
efectividade, a maior presión asistencial da primeira onda da
pandemia na que todavía estamos inmersos.
Nesta
liña, ademais destes equipos de imaxe, o Hospital Público de
Valdeorras xa dispón do novo equipamento radio-cirúrxico, para uso
intraoperatorio, instalado no quirófano. Igualmente, desde a
Consellería de Sanidade trabállase na adquisición de dous novos
ecógrafos, para dar servizo aos servizos de urxencias e radioloxía
, coa previsión dun novo TAC, nos Orzamentos da Xunta de Galicia
para 2022. Todo sumado a modernización do equipamento de farmacia e
da dixitalización da sala de radioloxía.
Este
será o ano tamén da esperada renovación e modernización de todas
as camas do hospital, licitación que se efectuará antes do remate
deste mesmo ano, polo que agárdase que o novo mobiliario poda estar
xa instalado a comenzos do ano as portas.
Cuarto
xinecólogo e novos cirurxáns
Na
liña
do compromiso da Xunta de Galicia coa capacidade resolutiva e
autonomía asistencial que reafirmou, onte mesmo no Barco de
Valdeorras, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Hoxe
mesmo contratouse a un cuarto xinecólogo que se suma así aos dous
novos cirurxáns que se incorporaron os pasados días.
Igualmente,
desde a xerencia do distrito e da Área Sanitaria, trabállase en
novas iniciativas que permitan acelerar a recuperación da actividade
afectada pola pandemia, asi como pola falla puntual de determinados
especialistas, incidencias que non son privativas deste hospital,
senón que reflicten a fluctuación na demanda de determinadas
especialidades, e que grazas á organización como Área Sanitaria se
poden cubrir con garantías e coa coordinación dos profesionais da
rede.
Asi,
e pese a reiteración nos últimos días no senso contrario, a
realidade é que, a pesar das dificultades doutros periodos para completar vacantes, no
Hospital Público de Valdeorras servizos como Hematoloxía,
Oftalmoloxía, Otorrinolarongoloxía, Psiquiatría, Psicoloxía ou
Microbioloxía -por citar algunhas das que se mencionaron no seu día- están ao
100% subliñando que se dispón na actualidade de tres anestesistas e que os próximos
días pasarán a catro.
Ademais ven de poñerse en marcha a Unidade de Hospitalización a Domicilio, para o
que se contratou a un especialista en xeriatría, cunha de
enfermeria a tempo completo. O persoal de enfermería
tamén se incrementou cunha enfermeira especialista, no marco do Plan
Galego de Saúde Mental.
Todos os Centros de Saúde deste distrito teñen
optimamente cubertas -cunha das mellores ratios de Galicia- as prazas
de facultativos. Asemade, tanto o Servizo de Urxencias como os Puntos
de Atención Continuada -Viana, Barco,
Trives- teñen os tempos mais curtos de atención de toda a rede
Sergas.
Convén
lembrar que continuamos inmersos nunha pandemia mundial que, pese
a súa intensidade, non superou a capacidade asistencial de ningún
hospital público galego nin ourensán, nin demorou operacións
urxentes ou prioritarias, como as oncolóxicas.