O 061 DE GALICIA ASISTIU 95 PERSOAS POR 71 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A PONTE DA CONSTITUCIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 12 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte da Constitución 95 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de decembro, ata as 23,59 horas do luns, 6 de decembro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 82 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 95 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 29 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
 
Provincia
Accidentes
A Coruña
29
Lugo
8
Ourense
7
Pontevedra
27
Galicia
71
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 85. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 67 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde