O 061 DE GALICIA ASISTIU 81 PERSOAS POR 62 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 12 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 81 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 17 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de decembro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.
 
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 85 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 62 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 81 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53% e do 47% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
 
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 30 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
 
Provincia
Accidentes
A Coruña
30
Lugo
5
Ourense
5
Pontevedra
22
Galicia
62
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.
 
En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde