​O 061 DE GALICIA ASISTIU 27 PERSOAS POR 25 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 06 2022
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 27 persoas debido a 25 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 17 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de xuño. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 12 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 33 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 25 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 27 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 52% e do 48% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 10 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

5

Lugo

4

Ourense

6

Pontevedra

10

Galicia

25

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 31. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 27 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente.

En 24 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde