A XUNTA ADXUDICA A COMPRA DO EQUIPAMENTO PARA A NOVA ÁREA DE ENDOSCOPIAS DO HOSPITAL DA BARBANZA CUN INVESTIMENTO DUNS 400.000€
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 08 2022

​A Xunta de Galicia ven de finalizar o proceso de adxudicación da compra do equipamento tecnolóxico e de mobiliario para a nova área de endoscopias do hospital da Barbanza, na área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Esta actuación, que conta cun orzamento global de 600.000 euros para equipamento tecnolóxico, mobiliario e obra suporá unha gran avance na atención sanitaria aos doentes do distrito sanitario da Barbanza e máis comodidade para profesionais e usuarios. Á mellora tecnolóxica que supón, engádese o incremento substancial da superficie dedicada á realización de endoscopias dixestivas.

Gran parte do contrato, adxudicado por unha cuantía global duns 400.000 euros, é susceptible de financiación ao 100% da Unión Europea no marco do eixo React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Os 3 lotes licitados inclúen un sistema de endoscopia dixestiva, un bisturí eléctrico dixestivo e monitores de parámetros fisiolóxicos básicos.

O lote integrado polo Sistema de Endoscopia dixestiva está conformado por unha torre de endoscopia dixestiva e os equipos de reprocesamento consistentes en 2 lavadoras que teñen como fin a desinfección dos endoscopios e tamén conta cun armario de secado e almacenamento esterilizado dos endoscopios unha vez desinfectados na lavadora, ademais de 4 monitores multiparamétricos de última xeración. A adquisición da alta tecnoloxía engádese á compra do mobiliario, xa instalado na unidade.

O investimento en tecnoloxía e mobiliario vense sumar ao custe das obras, xa prácticamente rematadas e pendentes de comprobación finais, de arredor de 200.000 euros que proporcionará unha mellora na calidade e confortabilidade desa área, así como a modernización dos procesos de asepsia e mellores condicións tamén para os profesionais. Os preto 130 metros cadrados que pasará a ocupar suporán un considerable incremento respecto á ubicación actual.

Esta melloras véñense sumar ás obras acometidas no servizo de urxencias do hospital da Barbanza que supuxeron un incremento dun 40 % da súa superficie grazas a un investimento de 1.7 millóns de euros, entre outras melloras no centro.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde