A Área Sanitaria de Ourense, Verín e
Valdeorras súmase hoxe á OMS na celebración do Día Mundial da Seguridade do
Paciente, destinado a mellorar as prácticas seguras e de calidade que, baixo o
lema “medicación sen dano”, este ano ten por obxectivo reducir e concienciar
dos riscos de facer un mal uso dos medicamentos.
Os danos causados pola medicación representa o
50% do total dos danos evitables na atención sanitaria, e estímase que entre o
5 e o 10% dos ingresos hospitalarios e
entre o 10 e o 30% das consultas aos servizos de urxencias son debidos a un
evento adverso por medicamentos. Este alto porcentaxe derivase precisamente das
altísimas cifras de uso.
A prescrición e dispensacion de medicamentos
son o procedemento sanitario máis habitual. De feito, en Ourense este ano, en só
sete meses, de xaneiro a xullo, dispensáronse nas farmacias 5.218.659 de
envases de fármacos, tendo en conta só os receitados polo persoal medico. Unha
media de 760.000 ao mes, 25.000 ao día, e só é unha parte, xa que moitos máis
empreganse diariamente nos hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras.
Os medicamentos salvan vidas, melloran e
protexen a saúde, non si, ás veces poden causar danos graves se se almacenan,
prescriben, dispensan ou administran indebidamente ou se controlan de forma
insuficiente.
Infórmate, Comproba e Pregunta
A OMS propón aos profesionais e pacientes tres
consellos: Infórmate, comproba e pregunta. No caso do profesional, a comprobación
pasa por chequear especialmente cinco momento críticos, no que estremar as
precaucións e que, ao longo desta semana estiveron presentes en todas as
pantallas dos ordenadores do persoal da Área Sanitaria.
A práctica segura dos pacientes ou seus
coidadores pasa tamén por informarse, e comprobar as doses, as horas ou
intervalos entre tomas e, por suposto, preguntar aos profesionais ante calquera
dúbida, pregunta que os profesionais tamén poden adiantar, comprobando que son
entendidos.
Enquisa en redes sociais
Preguntar e difundir é precisamente a orixe
dunha novidosa iniciativa da Unidade de Calidade, que mañá lanzará unha enquisa
a través das redes sociais da Área SAnitaria de OUrense, Verín e Valdeorras
(Facebook e Twitter) para contribuir ao mellor uso da medicación, tentando
implicar e concienciar a poboación sobre algúns dos erros máis comúns no
seguemento dos tratamentos.
A información recollida tamén aportará información
aos profesionais sobre as áreas de coñecemento e práctica que requiren máis
atención, para formar e informar aos
pacientes a responsabilizarse do seu
coidado, por medio dun mellor uso dos fármacos.
Puntos críticos na transición de centros ou
servizos
Ademais da polimedicación, moi habitual nos
pacientes crónicos, un punto de alto risco é a transición entre os distintos
servizos asistenciais, primaria-hospitalaria, desde urxencias a
outras consultas ou ao ingreso ou alta nun hospital.
Como resposta na nosa Área Sanitaria, en liña
coa estratexia do Servizo Galego de Saúde, desenvólvese o Programa de mellora
da calidade na atención ao paciente crónico e polimedicado, en marcha desde
2011, centrando a atención, revisión e seguemento da medicación en dous tipos
de pacientes: os que teñen prescritos medicamentos de especial risco en
pacientes crónicos, que en Ourense son máis de 4500 persoas, e aqueles que acaban de ser dados de alta do
hospital.
Desde atención primaria a revisión da medicación
de pacientes tambien se actíva ante determinadas transicións asistenciais, como
o ingreso nunha Residencia Sociosanitaria; cando se procede á homologación
dunha medicación ou ao alta hospitalaria. Pola súa banda desde os tres
hospitais realízase a conciliación da medicación ao ingreso no hospital, e
nalguns servizos tamén na alta a domicilio, como en Medicina Interna.
Nos últimos anos tamén se foron introducindo múltiples
melloras para limitar os riscos, tanto no Servizo de Farmacia, coa automatización
e dixitalización para limitar riscos durante a manipulación, distribución,
recepción ou almacenamento de fármacos, como con outras practicas seguras, como
o sistema de prescrición electrónica, implantado en toda a área Sanitaria, que
aporta vantaxes tanto para profesionais como pacientes, e a nivel interno
dentro dos hospitais, facilitando a coordinación entre a farmacia central e o
persoal médico e de enfermería.