O Consello
Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, xunto co
Servizo de Atención ao Paciente organizan, o sábado día 1 de outubro, o
primeiro “Paseo pola Saúde”, unha xornada de lecer e encontro entre
profesionais da saúde e pacientes, para a promoción dos hábitos saúdables e celebrar
a vida e a saúde comunitaria, coincidindo co Día Internacional das Persoas
Maiores, que as Nacións Unidas adican este ano a destacar o papel na sociedade
das mulleres e o seu valor.
O punto de
partida será diante da ponte vella (Salesianos) con saída ás 10.00 horas. A
andaina trascurrirá pola beira do Miño, ata o Tinteiro, nunha versión curta, ou
ata o Muiño da Veiga, de 8 Km. ida e volta, cun perfil chairo e sen
dificultade. A inscrición é gratuíta, na dirección: atencionpaciente.chou@sergas.es
ou chamando ao teléfono 988 388 515
Tanto o remate
da marcha curta como no encontro no Tinteiro de ambas, estará amenizado pola
banda de música Santádega, ademáis celebraranse obradoiros de prevención,
primeiros auxilios e marcha nórdica, grazas a colaboración dos grupos de
traballo de saúde comunitaria Salubrízate e Pupas Sustos e Outros Desgustos, e
a Asociación de Escaladores Ourensáns-Marcha Nórdica, ademais da Fundación Dorzán,
Cruz Vermella, Vía Auria, Asociación Apetéceme ser Amigo da Área Sanitaria de
Ourense, Concello de Ourense, e Xacobeo 21-22.
O Paseo nace
este ano como unha necesidade de celebrar a vida e reunirse, tras máis de dous
anos de pandemia e separación, as veces física e outras emocional, de tensións
e preocupación pola saúde, especialmente pola dos enfermos crónicos e as
persoas maiores. Por isto, a coincidencia co Día Internaciónal das Persoas
Maiores é unha declaración de apoio ao seu valor, resiliencia durante a
pandemia e á necesidade de seguir contando coa súa forza e importancia na
sociedade, a través do seu aporte cidadán e por medio do envellecemento activo,
polo que se aposta desde a saúde comunitaria que define a Atención Primaria.
As Nacións Unidas
destacan que en 2020, segundos as estimacións o número de persoas de 60 ou máis
anos superou o de nenos menores de 5. Durante o próximas tres décadas, prevese
que se duplique o número de persoas maiores en todo o mundo. Este drástico
cambio nas sociedades urxe a mudar os esquemas socio-sanitarios e tamén a
traballar desde todos os ámbitos por dar vida sos anos, mantendo o nivel de
saúde e autonomía, para o que son clave os hábitos saudables: Exercicio, boa
alimentación, evitar as prácticas nocivas e, tamén, socializar,
participar. VEN!!!
Órgano de
participación e consulta
O Consello
Asesor de Pacientes de Ourense, Verín e Valdeorras é unha estrutura de
participación e asesoramento, que facilita o contacto directo entre pacientes e
xestores da sanidade pública de Ourense, para recoller súas percepcións e
achegas, cara ao desenvolvemento conxunto de obxectivos asistenciais e de
humanización dos servizos sanitarios públicos.
En Ourense o
Consello está formado polas seguintes asociacións: de Enfermos/as de Crohn e
Colite Ulcerosa de Ourense (Accu Ourense); Asociación Española Contra o Cancro
(AECC Ourense); de Familiares de Alzheimer e outras Demencias de Ourense
(Afaor); de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química
Múltiple de Ourense (Affou); Galega de Hemofilia (Agadhemo); Galega de
Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías
Vasculares Periféricas (Agl); para a Loita contra as Enfermidades Renais de
Ourense (Alcer Ourense); de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia
(Anedia); Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras Enfermidades
Neurodexenerativas (Aodem); de Persoas Xordas de Ourense (Apsou); para a Saúde
Emocional na Infancia e Adolescencia (Aseia); Asociación Diabética Auria (Auria);
de Dano Cerebral Adquirido de Ourense (Renacer); de Persoas con Discapacidade
da Comarca de Valdeorras e Asociadas (Disvalia); Asociación Down Ourense (Down
Ourense); de Familiares e Enfermos Mentais Morea (AFEM Morea); por Eles Tea
Ourense (Petea); e as Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de
Ourense (Discafis-Cogami); Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas
(Fegerec) e a Liga Reumatolóxica Galega (LRG).