OS HOSPITAIS GALEGOS PRECISAN SANGUE DOS GRUPOS A POSITIVO E 0 POSITIVO, PÍDESE A COLABORACIÓN DA CIDADANÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 11 2022

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:


DATA

CONCELLOS

Mércores 16 novembro


E. Politécnica (Ferrol), Campus de Elviña e Facultade C.C. do Deporte (A Coruña), Facultade Relacións Laborais e Praza Roxa (Santiago), Sanxenxo, CIFP Valentín Paz Andrade e F. De Filoloxía e Tradución (Vigo), F. Ciencias (Lugo), Currelos e Escairón (O Saviñao), F. Ciencias (Ourense)

Xoves 17 novembro


F. Humanidades (Ferrol), Obelisco e F. Filoloxía (A Coruña), F Matemáticas (Santiago), Bembibre (Val do Dubra), F. Ciencias Sociais (Pontevedra), CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), Baiona, F. De Filoloxía e Tradución (Vigo), Praza Maior (Lugo), Xunta de Galicia e Bº do Vinteún (Ourense)


Venres 18 novembro

Miño, Sada, Porto de A Coruña, Boiro, Pontecarreira (Frades),Vilagarcía, C. Comercial Gran Vía (Vigo), Porriño, Monforte, O Carballiño


Sábado 19  novembro

Sada, Boiro, Vilagarcía, Porriño, Monforte


Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves de 15.00 horas a 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás15.00 horas


Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 




EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud