O 061 DE GALICIA ASISTIU 65 PERSOAS POR 52 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 12 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 65 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 16 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de decembro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

15

Lugo

6

Ourense

7

Pontevedra

24

Galicia

52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico atenderon en 50 sinistros.

En 13 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 52 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde