Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte
do Día do Traballo
81
persoas debido a 68
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 28
de abril, ata as 23,59 horas do luns,
1
de maio.
O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 25
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 75
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 68
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 81
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62,5%
e do 37,5%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32,5%
dos atendidos tiña entre 40
e 54
anos.
Por
provincias, A
Coruña
foi
a
que máis sinistros rexistrou con 28
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
28
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
13
|
Pontevedra
|
21
|
Galicia
|
68
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 79.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en sete
accidentes, o
helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as
ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 67
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro
accidentes.
En
70
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes e en 11
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.