A mensaxe do Servizo de Pneumoloxia no
Día Mundial da Asma pon a atención na importancia do paciente experto e co-responsable
no control da súa enfermidade, xa que que recoñecer os síntomas e saber cando e
como empregar o inhalador é clave para evitar, ou limitar, as agudizacións desta
enfermidade crónica sen precisar atención urxente ou tratamentos con máis
efectos secundarios.
O Servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e
Valdeorras conta cunha Unidade de Asma Grave, acreditada pola Sociedade Española
de Neumoloxía (SEPAR), que atende a unha media de 250 pacientes desta
enfermidade respiratoria heteroxénea, xeralmente asociada con inflamación
crónica das vías respiratorias e hiperreactividad, que afecta a uns 339 millóns
de persoas en todo o mundo.
Pese a creenza popular de que a asma só afecta aos nenos ou incluso
que desaparece chegada a idade adulta, trátase dunha enfermidade que pode afectar
a calquera idade. Estímase que o 5% da poboación adulta padece asma en España, prevalencia
que podería ser máis alta en Galicia chegando a afectar a 5.000 persoas adultas
na nosa área sanitaria.
Ademais de por medio das consultas do servizo e as interconsultas
con Atención Primaria, os pacientes a seguemento en Ourense, e moi
especialmente aqueles cunha patoloxía máis grave, contan cun telefono de
contacto directo co Hospital de Día de Pneumoloxía, onde poden chamar para aclarar
calquera dúbida, reaxustar o seu tratamento sen esperas, e ser vistos no mesmo
día ou en 48 horas.
A unidade de asma de Ourense está atendida Coral González, Raquel
Dacal e Abel Pallarés, neumólogos
expertos en asma, e membros do Grupo Galego de Asma da SOGAPAR (Sociedade Galega
de Patoloxía Respiratoria). Ademáis contan co apoio de Isabel Rodríguez, enfermeira
do Hospital de Día de Pneumoloxía, referente no tratamento e educación terapéutica
dos pacientes de Asma, xunto cun equipo profesional con longa experiencia no
tratamento dos pacientes con patoloxía respiratorias crónicas.
A experiencia acumulada e especialización desta unidade, convirten a
súa mellora, segundo o xefe do Servizo de Pneumoloxía, Abel Pallarés, nun dos
obxectivos marcados polo servizo para os próximos anos “potenciando a formación
dos membros do servizo, a investigación clínica na devandita patoloxía e o
desenvolvemento de programas de atención ao paciente a nivel hospitalario e a domicilio”
dí.
Na actualidade máis de 50 pacientes da provincia benefícianse do
tratamento con anticorpos monoclonais, que se administran directamente no Hospital
de Día. Nos últimos 10 anos estes tratamentos biolóxicos están a revolucionar o
tratamento da Asma, mellorando o control de síntomas, diminuíndo os efectos
secundarios dos corticoides e aumentando a calidade de vida de moitos pacientes
con asma grave. Estas terapias aínda non son extensibles a todos os pacientes,
pero cada ano estanse a producir avances que permiten que cada vez máis se
podan beneficiar destes tratamentos.
A importancia de empregar correctamente os inhaladores
Para o xefe de servizo e membro da unidade, Abel Pallares “a
celebración do Día Mundial da Asma é unha boa oportunidade para chamar a
atención sobre esta enfermidade e destacar que o máis importante é manter un bo
control e previr os ataques: cumprir o tratamento prescrito por médico, acudir
ás consultas médicas programadas e ter un estilo de vida saudable”.
Os tratamentos no caso da asma, como noutras enfermidades respiratorias,
son inhalados. Vía empregada para facer chegar o fármaco directamente aos
pulmóns. Para esto empréganse inhaladores, dispositivos que se introducen na
boca e permiten que un medicamento, atomizado en pingas diminutas, pase coa
respiración ás vías aéreas. Desde xeito a
súa acción é máis localizada, rápida e directa pero tamén ten un gran
inconveniente: De non usalo ben a súa eficacia será menor.
Por este motivo, é indispensable que o paciente aprenda a utilizalo
correctamente, coñeza a técnica e a practique. Hai unha gran variedade de
inhaladores pero a súa e técnica é similar unha vez cargada ou indicada a dose:
Primeiro realizar unha exhalación prolongada (expulsar todo o aire) seguida
dunha inhalación profunda, e tan forte como se poida, ata encher os pulmóns aspirando
directamente do inhalador, para despois aguantar a respiración, durante 10
segundos, ou tanto como sexa posible. Ademais cando se requira unha segunda
dose: esperar entre 30 e 60 segundos respirando normalmente antes de repetir os
pasos anteriores. Ao finalizar é aconsellable realizar unha hixiene oral o
enxaugarse a boca con auga.