​ATA UN CATORCE POR CENTO DAS MULLERES OURENSANAS PODERÍAN PADECER DEPRESIÓN MAIOR PERINATAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 05 2023

En todo o mundo, ata 1 de cada 5 mulleres experimenta algún tipo de trastorno de ansiedade e estado de ánimo perinatal (PMAD) entre os que se inclúen a depresión posparto, a ansiedade posparto, o trastorno obsesivo compulsivo posparto, a bipolaridade posparto e a psicose posparto, no Día Mundial da Saúde Mental Materna desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras chámase a falar e pedir axuda aos profesionais sanitarios de referencia ante esta problemática moitas veces oculta, agochada por vergonza ou tabús. 

Os síntomas poden aparecer en calquera momento, durante o embarazo e nos primeiros doce meses despois do parto. Hai opcións de tratamento eficaces e ben investigadas dispoñibles para axudar ás mulleres a recuperarse. Non si, esta continúa a ser unha realidade aínda moi oculta, xa que moitas mulleres non se atreven, o dalles vergonza dicir que non están ben, ou cando o comentan se minimiza, precisamente porque a idealización do embarazo e a maternidade aumenta a presión social e o tabú.

Tese sobre a saúde mental perinatal en Ourense

Esta realidade idealizada e os falsos mitos sobre a maternidade e o embarazo "fai que as nais non se atrevan a facelo público", explica a matrona do Hospital Público de Verín Belén Vázquez, a súa vez doutora en psicoloxía, e autora dunha tese pioneira que estudou durante o seu período de embarazo e posparto a 500 mulleres da área sanitaria de Ourense, detectando que ata o 14% presentaban depresión maior.

A depresión maior podería ser por tanto moi prevalente, polo que esta profesional cree necesario dar máis importancia a esta situación e actuar desenvolvendo protocolos de coordinación e derivación específicos, nos que se comezou a traballar de xeito multidisciplinar antes da pandemia na Área Sanitaria, ademáis de aumentando o coñecemento destes trastornos entre os profesionais.

Igualmente, as organizacións internacionais, que coinciden na organización do Día Mundial da Saúde Mental Materna, que se conmemora o primeiro mércores de maio, chaman tamen a estremar a vixilancia  ante un aborto espontáneo ou mortinato, xa que moitas mulleres tamén poden experimentar depresión posparto. Igualmente ante a prematuridade ou cando os nenos pasan moito tempo nunha Unidade de Coidados Intensivos Neonatais, xa que tamén pode afectar a saúde mental materna.

Cando unha muller decide trasladar o seu malestar psicolóxico, Belén Vázquez aconsella escoitar, nunca minimizar o problema e poñerse en contacto co profesional sanitario de referencia. Estímase que 7 de cada 10 mulleres ocultan ou minimizan os seus síntomas. Sen comprensión, apoio e tratamento, estas enfermidades mentais poden teñen un impacto devastador nas mulleres afectadas e nas súas parellas e familias.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde