SANIDADE ACOLLE A EXPERTOS NO CAMPO DOS COIDADOS DE SAÚDE BASEADOS NA EVIDENCIA PARA FALAR SOBRE INVESTIGACIÓNS E PRÁCTICAS RECENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 05 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou hoxe pola tarde unha Xornada galega de investigación en coidados de saúde baseados na evidencia: “Impulsando a excelencia dos coidados”, remarcando que, na nosa comunidade, a atención sanitaria atópase en constante evolución, xogando un papel fundamental a investigación, “que é clave no impulso da excelencia en coidados, proporcionando a base da toma de decisións clínicas informadas e actualizadas, imprescindible para mellorar a calidade da atención sanitaria e garantir que os pacientes reciban os mellores tratamentos dispoñibles”.

Na actualidade, -remarcou o conselleiro-, a enfermería tomou a investigación como un dos seus piares fundamentais. Esta condición, sumado ao alto nivel académico deste colectivo, “fai do persoal de enfermería profesionais investigadores que traballan para acadar coñecementos baseados na evidencia, que logo serán aplicados nos coidados que lles ofrece a toda a cidadanía”.

Segundo sinalou Comesaña, “Galicia participa das liñas de acción que se están a desenvolver no Centro español de coidados baseados na evidencia”, e un exemplo disto é a presentación de candidaturas ao Programa: “Centros comprometidos coa excelencia en coidados”, que se está a desenvolver en varias das áreas sanitarias galegas.

Neste senso, o conselleiro destacou a iniciativa innovadora FEMORA, que recolle procedementos elaborados desde todas as áreas sanitarias, por un grupo de expertos, e cuxos contidos, accesibles nunha páxina web propia, están baseados na evidencia científica máis actual.        

Esta xornada, -dixo o titular da carteira sanitaria-, “é un exemplo do traballo que dende o Sergas se está a realizar na liña de dar á investigación enfermeira o valor que merece, impulsando a implantación dos seus resultados”.

Para rematar a súa intervención, na que estivo acompañado da xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, e do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, o conselleiro sinalou que o investigador de calquera disciplina precisa de recursos e, ao respecto, ofreceu a man tendida da Consellería de Sanidade para darlles apoio a través de ferramentas como Bibliosaúde ou Avalia-t. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde