​COMESAÑA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS VÍAS RÁPIDAS DO TRATAMENTO DO MELANOMA NO 50º CONGRESO NACIONAL DE DERMATOLOXÍA E VENEREOLOXÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 05 2023
 


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou esta tarde no Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela o 50º Congreso Nacional de Dermatoloxía e Venereoloxía, que se desenvolverá, entre os días 10 e 13 de maio, na capital galega.

Durante as vindeiras tres xornadas, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia reunirá a expertos nacionais e internacionais, nun evento que conta cun programa composto por seminarios, obradoiros, simposios e outras actividades científicas vencelladas a ambas especialidades.

Durante o acto inaugural, García Comesaña precisou que as enfermidades relacionadas coa pel e, máis en concreto, a diagnose e o tratamento dos seus cancros, representan un tema prioritario para a Consellería de Sanidade o Servizo Galego de Saúde.

Así, salientou a importancia de que a nosa comunidade contes con vías rápidas para o tratamento dos melanomas, un comité de expertos para este tipos de patoloxías, e un rexistro para  levar a cabo o seguimento das persoas que padecen este tipo de doenzas. Segundo explicou, os profesionais do Sergas realizaron no ano 2022 un total de 239.000 consultas, das que 111.426 foron primeiras consultas. 

Nesta liña, tamén destacou as actividades de formación para profesionais e pacientes que levan a cabo as Escolas de Psoriase e Dermatite Atópica, e que inciden na prevención e o tratamento dos coidados da pel.

Acompañado pola presidenta da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía, Yolanda Gilaberte; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o presidente executivo do Comité Organizador do Congreso, Jesús del Pozo; o titular de Sanidade tivo palabras de recoñecemento para o todo o persoal sanitario que desempeña o seu labor nos Servizos de Dermatoloxía galegos, destacando o traballo de, entre outros, o doutor Hugo Vázquez, no Complexo Universitario de Santiago; e a doutora Ángeles Flórez, no Complexo Hospitalario universitario de Pontevedra.  

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde