​COMESAÑA VISITA A EXPOSICIÓN “ESCOITAR COS OLLOS, ARTE E LOUCURA”, QUE TEN O COMETIDO DE VISIBILIZAR E SENSIBILIZAR A ENFERMIDADE MENTAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 05 2023
 

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou a exposición: “Escoitar cos ollos. Arte e loucura”, merecido recoñecemento aos pacientes que elaboraron estas obras, transformando a dor da súa patoloxía en arte. Unha exposición que, -segundo remarcou o conselleiro-, ten o cometido de sensibilizar e visibilizar acerca da realidade que se agocha tras a enfermidade mental. Na visita, o conselleiro estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Félix Rubial Bernárdez. O acto contou, así mesmo, coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

Segundo sinalou o titular da carteira sanitaria, a atención á saúde mental é cada vez máis unha prioridade social e dos servizos de saúde, e remarcou o traballo dos profesionais e asociacións implicadas. Pacientes e profesionais como os das unidades de rehabilitación psiquiátrica de Piñor e de colectivos como Arte Espida, que, -tal e como incidiu o conselleiro-, levan anos traballando pola dignificación e a desestigmatización das persoas con diagnóstico de trastornos mentais, empregando a arte como un medio de moita valía para o tratamento terapéutico da patoloxía mental.

Comesaña puxo en valor o traballo dos profesionais da área sanitaria de Ourense, que son referentes na atención da saúde mental, e subliñou que o Plan de Saúde Mental 2020-2024 do Sergas implica a creación de máis de 240 novas prazas de persoal especialista. Dito plan contempla, entre os seus eixos de actuación, a colaboración e a participación do tecido asociativo e das entidades especializadas na saúde mental.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde