O 061 DE GALICIA ASISTIU 69 PERSOAS POR 55 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 05 2023

​Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 69 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 26 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 28 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 78 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 69 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62% e do 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 22 accidentes de tráfico ambas as dúas durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

22

Lugo

4

Ourense

7

Pontevedra

22

Galicia

55

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 60 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde