SANIDADE PUBLICA A RESOLUCIÓN DAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 06 2023

O  Diario Oficial de Galicia​ publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Consellería de Sanidade pola que se publican as subvencións concedidas para entidades privadas sen ánimo de lucro a fin de desenvolver programas de carácter sociosanitario ao longo do ano 2023. O importe total das subvencións é de 250.000 euros, que este ano, co obxectivo de acadar un reparto máis equitativo das axudas entre as distintas tipoloxías de programas, dividiuse en catro liñas de financiamento: 

Liña I:  Enfermidades neurodexenerativas   (incluíndo alzheimer, demencias e parkinson). 

Liña II: Trastorno do espectro autista.

Liña III: Dano cerebral adquirido, parálise cerebral e epilepsia.

Liña IV: Enfermidades raras e linfedema

Os programas subvencionados son programas no eido da rehabilitación fisioterapéutica, logopédica, cognitiva, terapia ocupacional e apoio psicolóxico destinados á atención e rehabilitación dos colectivos de persoas afectadas polas patoloxías incluídas nas liñas de actuación establecidas.

Recibíronse 45 solicitudes en total. O número de programas beneficiarios ascende a 24, seis máis que no 2022. 

Por liñas, as entidades que reciben subvención son as que seguen: 

Liña I:  Enfermidades neurodexenerativas : Agadea, Aodemper, Afaga, Asociación de familiares de alzheimer de Chantada, Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Ourense, AFA-Viveiro, Asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Monforte, Acem, Agaela, e Afan.

Liña II: Trastorno do espectro autista: Aspanaes, Bata, Federación autismo Galicia, Apacaf, Asociación autismo Ourense, e Aspaneps.

Liña III: Dano cerebral adquirido, parálise cerebral e epilepsia: Apamp, Adaceco, Sarela e Alento.

Liña IV: Enfermidades raras e linfedema: Fegerec, Agadhemo, Asociación galega de fibrose quística e a Liga reumatolóxica galega de loita contra o reumatismo.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde