Poñer cara aos distintos
profesionais involucrados na atención da insuficiencia cardíaca (IC) e dar voz
ás persoas con esta patoloxía é o obxectivo da iniciativa coa que hoxe amenceu
o Hospital Abente y Lago. Este hospital, xunto con outros nove repartidos pola
xeografía española, revelaron de forma simultánea as diferentes caras da
insuficiencia cardíaca ao presentar un cubo informativo de grandes dimensións
nas súas institucións, como parte da campaña de concienciación “Mesmo corazón,
distintas caras”.
A insuficiencia cardíaca é un síndrome prevalecente
que conta cunha elevada morbimortalidad e cada ano lévase a vida de case 20.000
persoas en España, ademais de limitar en gran medida a calidade de vida das
persoas afectadas ao impedirlles realizar as actividades máis rutineiras como
subir escaleiras ou mesmo durmir.
O diagnóstico temperá e correcto da insuficiencia
cardíaca é o punto de partida para a abordaxe multidisciplinar e integral, que
ten como obxectivo reducir as hospitalizacións e a mortalidade.
Ademais, datos actuais estiman que 1 de cada 5
persoas desenvolverá insuficiencia cardíaca ao longo da súa vida e, en España,
esta patoloxía posiciónase como a 1ª causa de hospitalización en maiores de 65
anos o que supón -aproximadamente- o 5% de todas as hospitalizacións.
Neste sentido, saber máis acerca desta patoloxía é
unha necesidade para máis do 85% dos galegos, quen indicou, a través dunha
enquisa poboacional sobre a insuficiencia cardíaca no país, que non hai
suficiente información sobre a afección.
Ante esta situación, e co obxectivo de concienciar
sobre a importancia do diagnóstico temperán da insuficiencia cardíaca, o CHUAC
foi elixido para levar a cabo esta campaña, xunto a outros hospitais españois
como o Virxe da Vitoria e Virxe do Rocío (Andalucía); o Hospital Miguel Servet
(Aragón); o Hospital Clínic de Barcelona; o Hospital Universitario de
Bellvitge; o Hospital Universitario Germans Trias i Pujol de Badalona; o
Hospital Universitario Vall d'Hebrón de Barcelona; o Hospital Universitario de
Gran Canaria Dr. Negrín (Illas Canarias); e o Hospital Universitario 12 de
Outubro (Madrid).
“No noso centro todos os profesionais que traballamos en insuficiencia
cardíaca buscamos brindar unha atención multidisciplinar, centrada no paciente,
que promova o autocoidado e mellore o coñecemento da enfermidade, xa que
sabemos que a detección precoz dos síntomas de descompensación reduce
significativamente as hospitalizacións. Na poboación mais anciá son
especialmente relevantes os obxectivos de melloría de funcionalidade e calidade
de vida, así como establecer circuítos asistenciais que fagan o acceso ao
sistema o mais sinxelo posible”, comenta
Beatriz Seoane, médico da Unidade de Manexo
Integral do Paciente con Insuficiencia Cardíaca. Servizo de Medicina Interna.
Hospital Universitario de A Coruña.
Coñecer os principais síntomas da insuficiencia
cardíaca, acudir a especialistas e tomar medidas para unha mellor xestión da
patoloxía son clave para garantir unha mellor calidade de vida dos pacientes e
contribuír a un modelo de xestión máis sostible para o sistema sanitario.
“A insuficiencia cardíaca
(IC) é un problema sanitario moi importante, pola súa alta prevalencia, elevada
morbimortalidade e gasto sanitario. Pódese definir como a incapacidade do
corazón de bombear sangue en cantidade suficiente para abastecer as necesidades
do organismo. Este síndrome pode desenvolverse a partir de calquera enfermidade
do corazón, con mecanismos fisiopatolóxicos diferentes, ao igual que os pacientes
que a padecen.
As boas noticias
son que nos últimos anos houbo espectaculares avances no diagnóstico e no
tratamento, posibilitando unha melloría na supervivencia e calidade de vida dos
pacientes. Los tratamentos son variados e inclúen fármacos (moitos),
dispositivos imprantables, intervencións cardíacas percutáneas, cirurxía cardíaca
e, finalmente, para situacións mais avanzadas, o transplante cardíaco (TC) e a
asistencia mecánica circulatoria (AMC) de longa duración”, destaca Marisa Crespo Leiro, Xefa da sección de Insuficiencia
Cardíaca Avanzada. Servizo de Cardioloxía. Hospital Universitario da Coruña.
O diagnóstico
precoz, a caracterización correcta do "fenotipo" de cada paciente
(etioloxía, fisiopatoloxía e comorbilidades), o tratamento individualizado, a
planificación e seguimento do paciente con participación dos diferentes niveis
asistenciais e a implicación do paciente no seu autocoidado, son as claves do
éxito”, engade Marisa Crespo Leiro, Xefa da sección de Insuficiencia Cardíaca Avanzada.
Servizo de Cardioloxía. Hospital Universitario da Coruña.
“A abordaxe da
insuficiencia cardíaca segue sendo un desafío para o sistema sanitario e cada
día vemos máis relevante que se promovan accións de concienciación social que
brinden ferramentas tanto á poboación, como pacientes, coidadores e
profesionais sanitarios para unha mellor xestión desta patoloxía. A través
estas iniciativas alzamos a voz e remarcamos a importancia de facer visibles os
retos asociados á insuficiencia cardíaca desde diferentes ángulos", indica Tomás Fajardo Sarret, presidente da
organización de pacientes Cardioalianza.