O pasado día 30 de xuño trasladáronse os Hospitais de Día de Hematoloxía e
de Polivalentes dende a súa ubicación no andar baixo, ás novas instalacións
situadas catro prantas enriba, 4º andar do Hospital Universitario da Coruña,
comezando a funcionar nas mesmas hoxe luns día 3 de xullo.
Hospital de Día de Hematoloxía
Estes novos espazos contan con 6
salas de consulta, 20 postos de tratamento e 4 camas, das que 2 son de illamento.
A posta en marcha desde hospital
de día permitirá ter aos pacientes hematolóxicos nun espazo propio, o que
redundará nun considerable aumento dos preto de 7.000 procedementos realizados
o pasado ano, e progresar na ambulatorización de procesos evitando ingresos
hospitalarios.
Hospital de Día Polivalente
Estes novos espazos contan con 30
postos para a administración de tratamento, 6 camas, ademais de 8 salas de
consulta e 9 puntos de atención clínica.
A posta en marcha desde hospital
de día, permitirá aumentar os máis de 8.000 tratamentos administrados o pasado
ano e continuar co desenvolvemento dunha estratexia baseada na ambulatorización.
Para elo contará cunha organización funcional orientada á xestión dos procesos
asistenciais con maior impacto na xestión do paciente ingresado.
Hospital de Día de Oncoloxía
O pasado día 6 de maio trasladouse o Hospital de Día de Oncoloxía
dende o Hospital Teresa Herrera ás novas instalacións situadas no 4º andar do
Hospital Universitario da Coruña, comezando a funcionar nas mesmas o luns día 8
de maio.
Este novo espazo conta con 42
postos para a administración de tratamentos oncolóxicos, dos que 6 son camas,
ademais de 16 salas de consulta.