Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
89 persoas debido a 59
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 14 de xullo, ata as 23,59
horas do domingo, 16 de xullo. O sábado foi o día que rexistrou
máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061
que
atendeu un total de 89 persoas. A proporción de homes e mulleres
atendidos foi do 52% e do 48% respectivamente. Nas idades dos
feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
Por
provincias, Pontevedra foi
a
que máis sinistros rexistrou con 25 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
22
|
Lugo
|
9
|
Ourense
|
3
|
Pontevedra
|
25
|
Galicia
|
59
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes,
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 67
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres
accidentes.
En
72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente e dúas persoas faleceron no punto.