A Axencia de doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nesta fin de semana, en especial as persoas do grupo cero negativo, cuxas reservas se atopan en niveis baixos.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue e conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA |
CONCELLOS |
Vernes
25 de agosto |
Fene,
Cee, Cantón-Obelisco ( A Coruña), Rianxo, Touro, Vilagarcía,
Tui, Rúa Barcelona (Vigo), Vilalba, Allariz
|
Sábado
26 de agosto |
Fene,
Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Vilagarcía, Tui, A
Pastoriza, Riotorto |
Luns
28 de agosto |
San
Sadurniño, Bº Os Mallos (A Coruña), Coristanco, Bembibre (Val
do Dubra), Melide, Portas, Meis, O Rosal, Zona As Travesas (Vigo),
Xermade, Xove, Rúa do Paseo (Ourense), Paderne de Allariz,
Pereiro de Aguiar |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes,
mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.