Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 79
persoas debido a 58
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 8
de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 10
de setembro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con
25
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 68
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 58
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 79
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 66%
e do 34%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40% dos
atendidos tiña entre 50
e 64
anos.
Por
provincias, A Coruña foi
a
que máis sinistros rexistrou con 32
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
32
|
Lugo
|
4
|
Ourense
|
8
|
Pontevedra
|
14
|
Galicia
|
58
|
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as
chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 68. Así, as
ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete
accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións,
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 56
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres
accidentes.
En
50
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 27
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e
dúas persoas faleceron no punto.