​O SERGAS, PREMIO Á EXCELENCIA DO SISTEMA SANITARIO, NO II ENCONTRO NACIONAL DE XESTIÓN, FINANCIAMENTO E ACCESIBILIDADE AOS NOVOS MEDICAMENTOS E TERAPIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 09 2023


O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, vén de recoller en Valencia o “Premio á excelencia do Sistema Sanitario”, no marco do II Encontro Nacional sobre Xestión Sanitaria, Financiamento e Accesibilidade a Novas Terapias e Medicamentos.

Organizado pola Fundación Bamberg, o acto reuniu a especialistas e responsables da política e da xestión sanitaria co obxectivo de abordar as principais solucións, terapias e medicamentos innovadores que se están a desenvolver na actualidade, ademais de avaliar a accesibilidade a estes novos tratamentos.

Durante o encontro, Jorge Aboal tamén recibiu un galardón polo que se recoñece o seu labor e xestión como director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas. Así mesmo, participou na mesa redonda “Xestión de terapias e medicamentos innovadores”, na que precisou os principais proxectos que se están a levar a cabo en Galicia neste ámbito. Así, destacou o importante avance que suporá para a sanidade pública galega a construción e posta en marcha do Centro de produción de terapias avanzadas (Car-T), así como a do novo Centro de Protonterapia de Galicia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde