Galicia acolleu este xoves unha das reunións da Ponencia de alertas do Sistema Nacional de Saúde coa asistencia de técnicos de Saúde Pública das diferentes comunidades e cidades autónomas, do Centro Nacional de Epidemioloxía e do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio, Fernando Simón.
Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, trasladou os seus parabéns a todos os profesionais polas súas achegas en materia de preparación e resposta fronte a ameazas para a saúde pública na actualidade e durante a pandemia.
Nesta liña, o conselleiro en funcións agradeceu “o traballo realizado durante todos estes anos por Alberto Malvar, o xefe de servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública, para quen esta será a súa última reunión presencial, dado que se xubila o próximo mes”.
Na súa intervención, Comesaña fixo mención a que Galicia presentou a súa candidatura a ser sede da a Axencia Estatal de Saúde Pública que creará o Ministerio