A XUNTA DE GALICIA LICITA A COMPRA DE LÁMPADAS CIRÚRXICAS PARA O HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DO CHUF POR IMPORTE DE MÁIS DE 70.000 EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 04 2024

​A Xunta de Galicia licita o subministro de lámpadas cirúrxicas para a posta en marcha e funcionamento dos servizos vinculados ás obras de desenvolvemento da Fase 1 do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. 

Concretamente, e tal e como se recolle no expediente de licitación, estarán destinadas Ó Hospital Arquitecto Marcide catro lámpadas cirúrxicas de cúpula simple ó ámbito das Urxencias, e unha de cúpula simple rodable á Unidade de Coidados Intensivos. E investiranse ó redor de 70.300 euros só nestas melloras nas lámpadas.

Trátase de lámpadas cirúrxicas de baixo consumo con leds cunha vida útil superior ás 60.000 horas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde