​O 061 DE GALICIA ASISTIU 63 PERSOAS POR 53 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 04 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 63 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 19 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de abril. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 21 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 63 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67% e do 33% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

20

Lugo

6

Ourense

4

Pontevedra

23

Galicia

53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 64. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 52 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 51 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde