O CONSELLEIRO DE SANIDADE REÚNESE CON INTEGRANTES DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DA CORUÑA E DE FERROL COA VISTA POSTA NA PREVENCIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 04 2024


​O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse esta tarde co presidente da Asociación Española contra o Cancro da Coruña, Manuel Aguilar, a presidenta da xunta local de Ferrol, Isabel Estevan, a vicepresidenta da xunta local de Ferrol, Isabel Sanesteban, e a xerente da asociación na Coruña, Gema García-Abril.

Na xuntanza o conselleiro e a asociación puxeron en común a relevancia dos programas de cribados poboacionais. Neste sentido, trataron a colaboración mutua para animar á participación no cribado de cancro colorrectal e, por outro lado, a recente posta en marcha do programa piloto de cancro de pulmón.

O conselleiro tamén coincidiu cos integrantes da asociación na necesidade de previr o tabaquismo na xuventude e regular os límites de novos produtos como os vapeadores, tal e como contempla a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas aditivas que o Goberno galego está a tramitar.

Ademais, Caamaño comprometeu a súa presenza o domingo na chegada da asociación a Santiago de Compostela na última etapa do Camiño Inglés, actividade que promove hábitos de vida saudables.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde