CAAMAÑO APOSTA POR “DIALOGAR CON TODOS E DE TODO” PARA DESEÑAR UNHA SANIDADE DE FUTURO E DE CALIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 05 2024
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo esta mañá unha xuntanza co equipo directivo e o persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no que incidiu na necesidade de potenciar o diálogo entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios, para conseguir unha sanidade de maior calidade.

Acompañado pola delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva; e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, o titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que é preciso “falar con todos e de todo”, remarcando que esta será unha das principais ferramentas a empregar para optimizar o sistema sanitario público galego.

Durante o encontro cos profesionais da área sanitaria de Vigo, Gómez Caamaño salientou o alto nivel que posúe xa a Sanidade na nosa comunidade, destacando o nivel de prestacións co que contan, entre outros, os centros hospitalarios vigueses.

Nesta liña, avogou por implementar un traballo colaborativo entre todos os axentes implicados co obxectivo de “protexer, preservar e optimizar” o  sistema de saúde actual. 

O conselleiro insistiu en que é preciso prestixiar de novo a atención primaria e a figura do médico de familia, e para iso deberase establecer unha comunicación máis eficiente entre o primeiro nivel asistencial e o ámbito da atención hospitalaria.

Por último, puxo o foco na necesidade de comezar a adaptar o sistema sanitario ás necesidade específicas que presentan a poboación galega, as novas xeracións de profesionais sanitarios e tamén as oportunidades que presentan os eidos das novas tecnoloxías, o Big Data ou a intelixencia artificial. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde