​O 061 DE GALICIA ASISTIU 74 PERSOAS POR 56 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A PONTE DAS LETRAS GALEGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 05 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte das Letras Galegas 74 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas ​galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 16 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 18 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

26

Lugo

6

Ourense

5

Pontevedra

19

Galicia

56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 67. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 52 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 21 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde