O SERGAS DESTINA PRETO DE 6 M€ Á RENOVACIÓN DO CONTRATO DE LIMPEZA DO HOSPITAL MATERNO INFANTIL TERESA HERRERA DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 05 2024

O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación, por parte do Servizo Galego de Saúde, do servizo de limpeza do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña por un orzamento base de licitación de 5.923.992 euros durante dous anos, co que se materializarán diversas melloras para o persoal encargado do servizo.

Así, entre outras medidas, no contrato prevense os incrementos retributivos comprometidos pola Consellería de Sanidade para a categoría correspondente ao persoal de limpeza e recóllese o aumento do número de empregados necesarios para facer efectiva a redución de xornada comprometida pola Consellería de Sanidade o pasado ano. 

O orzamento do contrato é un 23,6% superior á licitación anterior. Prevese, ademais, a posibilidade de prórroga por un período de ata 12 meses.

Con esta contratación o Servizo Galego de Saúde pretende garantir os niveis de calidade, especialización, supervisión, coordinación e xestión do proceso de limpeza, acordes coa importancia do propio proceso asistencial que se leva a cabo no centro hospitalario da área sanitaria da Coruña e Cee. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud