​O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN PROVISIONAL DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DEZ CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 05 2024
 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal das categorías de celador, celador (quenda discapacidade intelectual), técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

O total de aspirantes admitidos foi de  21.493. Por categorías, a máis numerosa foi a de celador, con 12.330 persoas. 

No resto de categorías foron admitidas 294 persoas en celador en quenda de discapacidade intelectual; 1.976 en técnico en farmacia; 766 en técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; 441 en técnico superior en dietética; 385 en técnico superior en documentación sanitaria; 622 en técnico superior en hixiene bucodental; 1.862 en técnico superior en imaxe para o diagnóstico; 2.512 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico; e 305 técnico superior en radioterapia.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo representa un 8,42% do total e, en concreto, é de 1.069 en celador; 17 en celador en quenda de discapacidade intelectual; 135 en técnico en farmacia; 73 en técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; 57 en técnico superior en dietética; 35 en técnico superior en documentación sanitaria; 57 en técnico superior en hixiene bucodental; 168 técnico superior en imaxe para o diagnóstico; 218 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico; e 18 técnico superior en radioterapia.

As listas están publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Os interesados poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 5 de xuño.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud