GALICIA SOLICÍTALLE AO MINISTERIO DE SANIDADE A CONVOCATORIA DUN CONSELLO INTERTERRITORIAL EXTRAORDINARIO PARA ABORDAR A FALTA DE PROFESIONAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA NO VERÁN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 05 2024

Galicia vén de solicitarlle ao Ministerio de Sanidade a convocatoria urxente dun Consello Interterritorial Extraordinario para abordar de xeito monográfico a falta de profesionais de atención primaria neste verán. 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remitiu esta mañá un escrito á ministra, Mónica García, con esta petición. 

A falta de médicos, principalmente médicos de familia e pediatras de atención primaria, é un problema xeneralizado, non só de Galicia, senón do conxunto de España que preocupa ás autoridades sanitarias. 

Co escrito remitido, Galicia súmase a outras comunidades autónomas para demandar do Ministerio solucións urxentes para cubrir a falta de profesionais sanitarios neste verán, un asunto de competencia estatal e ao que o Ministerio non ten dado resposta, a pesar dos continuos requirimentos que se lle teñen feito. ​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud