O CONSELLEIRO DE SANIDADE DESPIDE AOS 42 PROFESIONAIS SANITARIOS QUE REMATAN A SÚA FORMACIÓN COMO INTERNOS RESIDENTES NA ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 05 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, asistiu hoxe ao acto de despedida dunha nova promoción de Residentes de atención hospitalaria e de enfermería, que ao longo dos últimos anos, dependendo da especialidade, se formaron nos distintos centros da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Antonio Gómez Caamaño animou aos novos médicos a continuar sempre a súa formación e agradeceu o labor dos titores e das unidades docentes que lles transferiron o seu coñecemento.

Un total de 42 novos profesionais sanitarios rematan a súa formación. Deles, 20 son especialistas de diversas disciplinas hospitalarias como análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía, aparello dixestivo, cardioloxía, medicina intensiva, interna e preventiva, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia, otorrinolaringoloxía, pediatría, radioloxía, rehabilitación, traumatoloxía e uroloxía, así como cirurxía cardíaca, pediátrica, plástica, vascular e xeral. A estes profesionais hai que engadir outros 22 de enfermería.

Todos eles recibiron os parabéns e os diplomas acreditativos que certifican o seu paso formativo polos distintos centros sanitarios da área sanitaria da Coruña e Cee.


O acto contou coa presenza de Rosario López, presidenta da Comisión de Docencia do CHUAC; Nieves Domínguez, xefa de Estudos de Atención Familiar e Comunitaria; e Noemi Cortes, supervisora de Formación e Docencia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde