O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE FORMA ACTUALMENTE 29 RESIDENTES DE ENFERMERÍA ESPECIALISTAS EN SAÚDE MENTAL PARA FOMENTAR A CONTINUIDADE ASISTENCIAL DOS PACIENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 05 2024


O Servizo Galego de Saúde incorporará ao sistema público de saúde progresivamente o alumnado enfermeiro interno residente (EIR) para continuar coa especialización da atención en saúde mental

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, participou esta mañá na Coruña na inauguración da IV Xornada galega de enfermería de saúde mental, organizada pola Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental.

Na súa intervención, o director xeral puxo en valor o avance na especialización deste ámbito ao contar Galicia actualmente con 29 enfermeiros internos residente (EIR) da especialidade de saúde mental, dos que 15 están no primeiro curso e 14, no segundo. 

“A creación da especialidade supuxo un cambio de perspectiva na forma de entender e atender as persoas que sofren enfermidades mental, facéndoa máis inclusiva, participativa, xusta e humana”, sinalou o director xeral de Asistencia Sanitaria.

Entre as melloras na atención, Alfredo Silva fixo referencia ao programa Conecta 72, co que o persoal de enfermería chama en menos de 72 horas desde a alta a todos os pacientes que estiveron hospitalizados para facer unha consulta telefónica sobre a súa evolución. Do mesmo xeito, mantense un contacto directo entre pacientes e as súas familias coa asignación de profesionais de referencia aos que poder facer consultas.

Para seguir avanzando no benestar destes pacientes, a Xunta vén de crear unha subdirección xeral de Atención á Saúde Mental e a Unidade de Procesos de Enfermería, ambas as dúas dependentes da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde