PROFESIONAIS DO CENTRO DE SAÚDE DE FENE E DE NARÓN OFRECEN PÍLULAS INFORMATIVAS SOBRE A SAÚDE DA MULLER
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 05 2024

​Profesionais dos centros de saúde de Fene e de Narón colaboran co Concello de Fene para a conmemoración do Día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, que se celebra mañá martes 28 de maio. Así, tódolos días, ás 11:00 horas, entre hoxe luns 27 e o venres 31 de maio, en Radio Fene, pódense escoitar intervencións de 10 minutos sobre diversas cuestións relacionadas coa saúde da muller.

As fisioterapeutas do centro de saúde de Narón, Sonia Gómez e Cristina Cotobad, falaban hoxe luns sobre fibromialxia. Mañá martes 28, a nutricionista do centro de saúde de Fene, Iria González, fará referencia a Nutrición, Embarazo e lactación. O mércores 29, a enfermeira do centro de saúde de Fene, Etelvina Caeiro, aborda a intervención A saúde si ten xénero. Sobre A carga familiar das mulleres, fala a traballadora social e paciente, Paula Paz, o xoves 30; e, a última destas pílulas informativas é sobre o solo pelviano, e é impartida pola matrona do centro de saúde de Fene, Generosa Yáñez, o  31 de maio.

Ademais destas pílulas radiofónicas saudables diarias, o propio día Internacional, o martes 28, haberá unha andaina pola saúde das mulleres, con saída ás 11:00 do Paseo Marítimo de San Valentín, e chegada ó Concello de Ferrol co que os e as profesionais do centro de saúde colaboran nesta ocasión en prol da saúde da muller.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde