O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA OS HORARIOS PARA AS PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN NA CATEGORÍA DE PERSOAL MÉDICO DE FAMILIA DE ATENCIÓN PRIMARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 05 2024
 


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar, data e hora da realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal estatutario médico/a de familia de atención primaria que terán lugar o vindeiro 23 de xuño (ás 9,30h) no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda).

O Servizo Galego de Saúde oferta, mediante o sistema de concurso-oposición, un total de 271 prazas para a categoría de persoal estatutario de médico/a de familia de atención primaria do Sistema Sanitario Público de Galicia. En concreto, 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 á quenda de promoción interna e 13 a de discapacidade xeral.

Neste senso, resultaron admitidos/as, con carácter definitivo, un total de 606 aspirantes.   

O 38% das persoas aspirantes inscritas deberán realizar a proba de lingua galega, ao non resultar exentas deste exercicio, por non estar en posesión do Celga 4, certificado obrigatorio para estar exento/a da realización do correspondente exercicio. 

Todas as probas selectivas realizaranse no Pavillón 2 do Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra). Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de persoas aspirantes comprendidas en cada unha delas.

Protocolo das medidas organizativas 

De acordo ao protocolo de medidas organizativas para o desenvolvemento destas probas. Os aspirantes deberán ter en conta que:

    • Non se realiza o chamamento dos/as aspirantes no exterior do recinto de realización das probas.

    • A acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos/das aspirantes e no desenvolvemento das probas.

    • Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

Aspirantes xestantes e lactación

As aspirantes que desexen exercer o dereito de lactación terán a súa disposición unha sala habilitada para tal fin no exterior do recinto acondicionada con microondas, cambiador, etc. Tamén, se o precisa, pode solicitar realizar a lactación durante a realización dos exercicios. As aspirantes que precisen realizar a lactación materna durante os tempos dos exames deberán solicitar a súa realización ao  oposiciones@sergas.es antes do 17 de xuño, salvo nos casos de aspirantes que sexan nais mais alá do prazo indicado. 

Neste último caso, así como no caso das profesionais en situación de embarazo, que poidan estar ingresadas o mesmo día do exame e desexen acollerse ao previsto no punto 8.1.7 das bases da convocatoria, deberán poñerse en contacto coa dirección de oposiciones@sergas.es para que lle informen do procedemento.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud