A XUNTA ADXUDICA O SERVIZO DE TRANSPORTE SANITARIO URXENTE NA ÁREA DE VIGO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 05 2024

A Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, vén de adxudicar o servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo á empresa UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024. O novo contrato fixa a entrada en vigor para a prestación do servizo o 1 de xuño.

O proceso de adxudicación, que se tramitou polo procedemento de emerxencia, será polo prazo necesario para que a Consellería de Sanidade, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, licite un novo contrato por procedemento aberto  e establece unha duración estimada do contrato de seis meses, coa posibilidade de prórroga por un máximo doutros tres. 

Servizo esencial para a poboación

Deste xeito, a Xunta garante a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo, que comprende os concellos de Vigo, Cangas do Morrazo e Moaña, un servizo esencial para a poboación que debe seguir prestándose, logo da comunicación da actual empresa da imposibilidade de continuar coas súa prestación.

O importe da adxudicación ascende a 2.901.947 euros, IVE exento. Está prevista a posible prórroga, por un período de tres meses, cun importe de 1.380.169,82 euros. 

Coa adxudicación deste servizo, a Consellería de Sanidade trata de axilizar a contratación deste servizo esencial coa maior brevidade, para seguir a cumprir co seu compromiso coa eficacia, a eficiencia e a calidade desta actividade sanitaria asistencial para a poboación.

Deste xeito, a Consellería de Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, garante a continuidade e a calidade da prestación do servizo de transporte sanitario urxente nos concellos de Vigo, Cangas e Moaña e segue a prestar a mellor asistencia ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias no punto en que se atope o paciente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud