DIABETES TIPO 2 E HIPERTENSIÓN ARTERIAL SON AS PROTAGONISTAS DE DÚAS SESIÓNS PARA PACIENTES NO CENTRO DE SAÚDE DE AS PONTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 05 2024

​Diabetes tipo 2 e Hipertensión Arterial son as protagonistas de dúas sesións para pacientes que se celebrarán na sala de formación do centro de saúde de As Pontes da Área Sanitaria de Ferrol. A primeira delas será hoxe, mércores 29 de maio, e é un taller de educación e divulgación sobre a Diabetes tipo 2 dirixido a pacientes. Durante dúas horas, entre as 16:00 e as 18:00, trataranse cuestións como causas e consecuencias da diabetes, vantaxes dos hábitos vida saudables, ou medicamentos no tratamento da diabetes. Incluirase tamén unha parte práctica de como utilizar as insulinas e os glucómetros.

Esta sesión está dirixida a pacientes interesados no tema con diagnóstico de Diabetes, e é impartida polas por dúas profesionais do centro, a facultativa, Tamara Dalama; e a enfermeira, Medos Romero.

Por outra banda, o día 12 de xuño, celebrarase un segundo taller dirixido a pacientes con Hipertensión arterial, para tratar temas relacionados co diagnóstico, tratamento e consecuencias da tensión elevada. Aborda igualmente un obradoiro práctico de como tomar a tensión en domicilio. Os interesados e interesadas pódense anotar no mostrador do centro. Actualmente, xa están inscritas 14 persoas. Impartirase tamén na sala de formación do centro de saúde e As Pontes, no mesmo horario de 16:00 a 18:00, e os profesionais encargados nesta ocasión son o facultativo, Carlos De Juan; e a enfermeira, Jessica Seco.

Escóllense estas cuestións sobre as que se pode incidir de xeito preventivo e evitar moitas enfermidades derivadas das mesas se se actúa precozmente sobre elas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde