O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE LICITA O CONTRATO DE LIMPEZA DO HOSPITAL MATERNO INFANTIL TERESA HERRERA DA CORUÑA POR PRETO DE 6 M€
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 05 2024

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publica no Portal de Contratos de Galicia​ a licitación do servizo de limpeza do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña por un orzamento base de 5.923.992 euros durante dous anos, co que se materializarán diversas melloras para o persoal encargado do servizo.

O orzamento do contrato é un 23,6% superior á licitación anterior. Establécese, ademais, a posibilidade de prórroga por un período de ata 12 meses.

No contrato prevense, entre outras medidas, os incrementos retributivos comprometidos pola Consellería de Sanidade para a categoría correspondente ao persoal de limpeza. 

Tamén se recolle o aumento do número de empregados necesarios para facer efectiva a redución de xornada comprometida pola Consellería de Sanidade o pasado ano. 

Con esta contratación o Servizo Galego de Saúde pretende garantir os niveis de calidade, especialización, supervisión, coordinación e xestión do proceso de limpeza, acordes coa importancia do propio proceso asistencial que se leva a cabo no centro hospitalario da área sanitaria da Coruña e Cee. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde