PRIMEIROS AUXILIOS NO CICLO DE AULAS TEMÁTICAS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 05 2024
 

​Os asistentes ó ciclo de aulas temáticas de promoción da saúde nas persoas maiores abordaron hoxe con residentes de Medicina Familiar e Comunitaria os Primeiros Auxilios. Aprenderon cuestións teóricas e prácticas sobre Resucitación Cardiopulmonar e atragantamentos, entre outras cuestións. Esta é unha das sesións organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación de Veciños de San Pablo e profesionais da Área Sanitaria de Ferrol a través da Rede Galega de Promoción da Saúde (Regaps).

O encontros deste ciclo son os venres, ás 12:00, na Asociación de Veciños de San Pablo en Ferrol, e teñen como obxectivo dar ferramentas á poboación para un envellecemento saudable, e, continuando, como indican dende Regaps, na liña de formar e informar en saúde. Xa se abordaron a logopedia e a deglución, os tips para a avida diaria, e as instrucións previas. A seguinte das sesións, a quinta e última, será o 7 de xuño e abranguerá cuestións sobre a Hixiene do Sono.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde