FIRMA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE E O CLUB DE LEONES LA CORUÑA DECANO PARA A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DOS NENOS CON CANCRO HOSPITALIZADOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 06 2024

Esta mañá tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Área Sanitaria da Coruña e Cee e o Club de Leones La Coruña Decano para levar a cabo o proxecto de adecuación espazos innovadores para o desenvolvemento de actividades que melloren a calidade de vida dos nenos con cancro hospitalizados e os seus familiares, co fin de diminuir os niveis de estrés derivados do proceso de hospitalización.

Participantes:

Por parte da Área sanitaria da Coruña e Cee firmaron o acordo: Luis Verde Remeseiro (Xerente), Alejandro Ávila Álvarez (Director Atención Hospitalaria) e Amparo San José Villancé, (Subdirectora de Humanización e Atención a la Ciudadanía).

 

Por parte do Club de Leones La Coruña Decano firmaron o acordo: María Teresa Fernández Fernández (Presidenta), Elizabeth Guyatt Iriarte, (Tesorera) e Jesús Maseda Pérez (Secretario).

 

Con este acordo regularízase a doazón de vinte nove mil oitocentos sesenta euros (29.860 €) que o Club de Leones La Coruña Decano realiza á Área Sanitaria da Coruña e Cee e que esta destinará á realización do o proxecto de adecuación espazos innovadores para o desenvolvemento de actividades que melloren a calidade de vida dos nenos con cancro hospitalizados e os seus familiares, co fin de diminuir os niveis de estrés derivados do proceso de hospitalización.

 

O presente acordo terá a mesma duración que a execución do proxecto que rematará a finais de ano.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde