A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 2 M€ A COMPRA DE 39 RESPIRADORES PARA O HOSPITAL NOVO MONTECELO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 06 2024

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publica no Portal de Contratos de Galicia a licitación do subministro de 39 respiradores con destino ao Hospital Novo Montecelo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés por 2.034.615 euros.

En concreto, o Sergas anticípase á posta en marcha do novo hospital pontevedrés para comprar 11 respiradores de transporte, 3 de pediatría, 19 volumétricos, 1 respirador de transporte para resonancias magnéticas, 2 respiradores neonatais de alta frecuencia, 4 respiradores neonatais de ventilación non invasiva, 4 de ventilación non invasiva de pediatría e 35 non invasivos de adultos. 

Este equipamento dotará os servizos de urxencias, urxencias pediátricas, UCI, quirófanos, anestesia e reanimación, bloque obstétrico, cardioloxía, pediatría e medicina interna. 

O prazo de recepción de ofertas permanecerá aberto ata o 20 de xuño. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud