GOMEZ CAAMAÑO DESTACA OS MÁIS DE 72.000 PROCEDEMENTOS LEVADOS A CABO POLO PERSOAL DE CIRURXÍA MAIOR AMBULATORIA DO SISTEMA GALEGO DE SAÚDE NO ANO 2023
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 06 2024


O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe os máis de 72.000 procedementos cirúrxicos realizados polo persoal de cirurxía maior ambulatoria do sistema galego de saúde no ano 2023, o que supón 2.000 máis que os que se fixeron no 2016.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego participou, xunto co xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, no acto inaugural do 15º Simposio Nacional de Cirurxía Maior Ambulatoria.

Gómez Caamaño destacou que este tipo de cirurxía permite tratar a gran cantidade de pacientes de xeito seguro e efectivo, e cunha maior satisfacción para os doentes e familiares.

Para o conselleiro, dada a calidade, seguridade e eficiencia, a cirurxía maior ambulatoria é unha modalidade que se debe potenciar e que creceu exponencialmente nos últimos dez anos. Avogou por continuar con esta liña de traballo, tanto pola comodidade do paciente, que prefire estar na súa casa; como pola súa seguridade, posto que a maior estadías hospitalarias hai maior risco de infeccións; e, ademais, pola liberación de recursos ao non requirir ingreso.

Na súa intervención, Gómez Caamaño  incidiu en que, para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde, é necesario desenvolver todas aquelas medidas que garantan o uso máis racional e eficiente dos recursos. A obriga como administración, incidiu o conselleiro, é protexer, preservar e optimizar o sistema de saúde e para iso precísase a colaboración de todos.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde